|
Apresentación
O Liceo Marítimo de Bouzas (LMB) é unha asociación privada cuxo obxecto é
a promoción de toda clase de actividades deportivas, así como o fomento de
manifestacións culturais, formativas e de lecer, todo iso sen ánimo de
lucro. O LMB ten
unha longa e rica historia que o converte na sociedade de máis amplo
percorrido na vila de Bouzas. As súas primeiras novas datan do ano 1907,
no que se fundou o primeiro centro cultural da Vila que máis tarde se
convertería no Liceo Artístico e Instrutivo ubicado nunha antiga fábrica
de salazón, en Barreras. No ano 1971 pasou ó edifício onde se asenta actualmente o
LMB.

|

|

|

|
|

|