|
Como sabedes
o noso club uniuse ao programa “grimpola ecomar” da fundación Ecomar. En
virtude deste convenio as nosas escolas deportivas reciben material
didáctico e promocional para que os alumnos, ademais de aprender deportes
náuticos, coñezan a cultura do mar e o respecto polo medio ambiente
mariño.
Deste
convenio derívanse unha serie de vantaxes para todos os socios e socias
do Liceo, de momento estas son:
Descontos en IBERIA
Descontos en billetes de avión coa compañía
IBERIA. En clase turista en toda a rede IBERIA os descontos poden ser do
25%, 35%, 40%, e 45% sobre a tarifa completa. En clase business, tamén en
toda a rede IBERIA, os descontos poden ser do 25% e 40% sobre a tarifa
completa. Para obtelos é necesario porse en contacto con Antonio Pedráz
da axencia de viaxes colaboradora Viajes Manjón (Telf: 914
577 666, Fax: 914 586 879).
Descontos
en National ATESA
Nacional
ATESA ofrece unhas tarifas especiais para vós. Se queredes alugar
calquera vehículo, só tedes que chamar ao 902 100 101 para turismos e ao
902 100 616 para furgonetas e dar o código de Ecomar e aplicaranse
directamente as nosas tarifas. Para obter o código de Ecomar é necesario
que chamedes ao Liceo e Laura Veloso facilitarávolo logo de
identificarvos. As tarifas especiais podédelas consultar descargando os
seguintes ficheiros: turismos na península, furgonetas na península e distintos cargos por extras non incluídos en tarifa.
|

|

|

|
|

|
|
|
As escolas deportivas do Liceo pola cultura do mar e o
respecto ao medio ambiente.
|
|
|

|