INICIO   >    ASOCIARSE   >    COMPETICIÓN   >   ORGANIZACIÓN   >    ESCOLAS   >    TENDA   >    NOVAS   >    SERVIZOS   >    CONTACTO   > ACTUALIDADE

                                                                                

 

Escola de Pesca

Vigo carecía dunha escola de pesca deportiva até que o LMB creou, no ano 2006, a súa escola de pesca. Dirixida por D. José Castro Freijeiro, imparten-se temas sobre seguridade, lexislación, bioloxía, técnica de pesca e realizan-se práticas con diferentes equipos, cebos e aparellos. Proxeccións e charlas a cargo de especialistas complementan as ensinanzas. Todo dende un claro compromiso co coidado e o respecto ao medio ambiente.

Os cursos están dirixidos tanto a cativos (de 10 a 15 anos) como a adultos. Habitualmente, teñen lugar os sábados e no prezo inclue-se a licenza de pesca marítima que expide a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia.

Os cursos programados este ano son:

·          Curso de iniciación á pesca deportiva. Do 16 de Febreiro ao 8 de Marzo. Folla de inscripción.

Para máis información 986 232 442.

 

 

A escola de pesca é unha das máis novedosas actividades do Liceo. A TVG ven de adicar parte do seu espazo Couto Vivo á nosa escola.

© Copyright 2006 Liceo Marítimo de Bouzas