INICIO   >    ASOCIARSE   >    COMPETICIÓN   >   ORGANIZACIÓN   >    ESCOLAS   >    TENDA   >    NOVAS   >    SERVIZOS   >    CONTACTO   > ACTUALIDADE

 

 

Escola de Vela

O LMB ofrece cursos de vela lixeira e cruceiro divertidos cun ensino de calidade. Os principais obxectivos que guian a nosa escola de vela son:

·          Iniciar ao alumno na navegación deportiva a vela explorando o meio físico no que se desenvolve, asi como as embarcacións elementais a utilizar.

·          Dotar ao alumno dos coñecementos e nomenclatura básicos que posibilite unha comprensión clara dos princípios fundamentais da vela.

·          Comprender, respeitar e pór en prática as principais normas de seguranza.

·          Respeito e cuidado do meio ambiente. 

As calmas augas da dársena de Bouzas resultan un lugar ideal para  a realización dos cursos. A seguinte información sobre os cursos se pode baixar aquí.

 Para máis información 986 232 442 ou escueladevela@liceobouzas.com

Características

·          Os chalecos salvavidas son proporcionados polo LMB.

·          Os monitores sempre acompañan aos alumnos.

·          Os cursos de inverno imparten-se nos meses do curso escolar os sábados en horário 10h-14h e 16h-20h.

·          Cando as circunstáncias meteorolóxicas impidan realizar as saidas imparten-se clases teóricas nas instalcións do LMB.

·          Os cursos de iniciación realizan-se en embarcación colectiva RAQUERO.

·          Os cursos de perfezoamento realizan-se en OPTIMIST (8-14 anos) e TOPAZ (14-17 anos) e OMEGA (adultos).

Requisitos

·          Idade mínima de 8 anos.

·          Inscreber-se segun o modelo fixado pola organización.

·          Pagar as taxas: 30€/mes os sócios do LMB e 50€/mes os non sócios.

·          A licenza federativa é OBRIGATÓRIA para todos os alumnos dos cursos de formación. Ninguen pode sair á auga sen ela. O seu custe é de 16€ e debe ser solicitada na FGV un mínimo de 2 días antes do inicio do curso. Se o desexa o LMB pode tramitar a sua licenza, mais nese caso debe pagarselle ao club con anterioridade ao inicio do curso.

 

A escola de vela do Liceo é unha das suas principais actividades.

 

 

 

© Copyright 2006 Liceo Marítimo de Bouzas