|
Servizos
O Liceo conta con 168 prazas de amarre en pantaláns e
95 nas súas cadeas de fondeo. Para atender aos devanditos servizos, hai
un servizo de marinería disponibel as 24 horas ao día, que inclúe o
traslado gratuito desde o fondeadero ás instalacións de terra. Os puntos
de amarre en pantaláns contan con auga e enerxía eléctrica (220 v).
Próximamente, estará disponibel o tanque de recollida de augas grises.
Para varadas, hai unha rampa con berces, tanto para
barcos de vela como de motor, e dous guindastres cunha capacidade de
carga de 5 Tm.
Sen pertencer ao
clube, dentro da mesma dársena de Bouzas, existe gasolinera de mar con
servizo de gasolina e gasoil.
Ademáis, o Liceo
conta cos servizos que calquera mariño en tránsito necesita, xa que está
provisto de vestiários e cafetería / restaurante a disposición dos nosos
visitantes.
Varias tendas de
efectos navais sitúanse a non máis de 200 m. Por outra
banda, na zona existen várias empresas dedicadas á reparación de
embarcacións, motores e velerías.
O mercado de
Bouzas se emplaza a 300
m, e existen nas súas proximidades tendas de
ultramarinos, ferreterías, estancos e calquera outro servizo que os nosos
hóspedes requiran.
Tamén na
restauración, Bouzas conta cunha oferta máis que aceptabel, sendo posible
acceder desde menús do día aos mellores mariscos que as Rías producen. O Museo do Mar de
Galicia está moi
próximo ao Liceo na veciña parróquia de Alcabre.
|

|

|

|
|

|
|
|
Un bo lugar para manterse en
forma.
O Liceo ven de estrear as modernas
instalacións do seu ximnásio e ten programadas clases dirixidas por monitores
especializados en diversas áreas.
|
|
|

|