INICIO   >    ASOCIARSE   >    COMPETICIÓN   >   ORGANIZACIÓN   >    ESCOLAS   >    TENDA   >    NOVAS   >    SERVIZOS   >    CONTACTO   > ACTUALIDADE

 Fotos

Presentación
A Semana Náutica del Atlántico Caixanova é un evento multidisciplinar ligado ó mundo da Náutica, do cal os valores fundamentais resúmense en Xuventude, Cultura e Deporte, que camiña coa clara intención de converter a Vigo e Galicia en referente obrigado da temporada náutica Europea.  

Na Semana Náutica del Atlántico Caixanova teñen cabida todo tipo de clases e divisións. O amplo espectro da competición e ciclos culturais que a acompañan fixeron de "La Semana" algo máis que unha competición deportiva, na que os regatistas e aficionados en xeral comparten esa atracción que sobre todos provoca o mar e os valores que se lle asocian.

Sen dúbida, un dos éxitos rotundos da Semana foi o seu compoñente social e cultural apoiado polas figuras máis relevantes do deporte nacional e internacional que ano tras ano nos acompañan xa sea como regatistas, poñentes ou aficionados.

A Semana Náutica del Atlántico é un Evento Internacional aberto a todos, desde nenos a regatistas profesionais, aficionados, vela lixeira, pesada, motonáutica,… Esta amalgama de participantes de todo tipo e idade convivindo con deportistas de outras nacionalidades, compartindo e disfrutando do mar no marco da nosa ría, é algo que seguro nos educa e enriquece a todos.

 

As competicións de Vaurien e Snipe desenvolveranse no Liceo Marítimo de Bouzas os dias 27 e 28 de Outubro.              

© Copyright 2006 Liceo Marítimo de Bouzas